“Acordo para a distribución de axudas económicas aos mariscadores galegos afectados polos temporais de choivas”. Antón Luaces

05 Xaneiro 2024

O vindeiro luns, día 7 , ás catro da tarde, as federacións de confrarías de pescadores de Galicia e a Consellería do Mar poñerán negro sobre branco as axudas que este organismo distribuirá entre os mariscadores máis afectados polas chuvieiras rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia entre os meses de outubro e novembro e que, previsiblemente, non van  diminuir no presente mes de xaneiro de 2024.

Esas incesantes precipitacións prexudicaron substancialmente os intereses económicos do sector marisqueiro galego, nomeadamente nas provincias da  Coruña e Pontevedra, feito que mobiliza aos pósitos, de cuxa estrutura social forman parte as organizacións de mariscadores -tanto de a pé como con embarcación- as máis prexudicadas por esta anómala situación aínda non totalmente avaliada pero que, circunstancialmente, rolda umha baixa de entre o 65 e o 80% da produción acadada nas mesmas datas do ano 2022 en especies como a  ameixa babosa e xapónica e o berberecho.

A mortaldade do marisco bivalvo é sumamente alta, polo que a Consellería do Mar destinará de 4 a 5 millóns de euros entre os mariscadores máis afectados. O reparto desta catidade xa aceptada polos pósitos vai decidirse no decurso dunha xuntanza que o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, celebrará nas primeiras horas da tarde do vindeiro luns, cos responsables das federacións de confrarías: José Antonio Pérez, presidente da galega; Daniel Formoso, da provincial da Coruña; José Manuel Rosas, presidente da de Pontevedra, e Basilio Otero, presidente da de Lugo (e ao mesmo tempo da nacional).

Xunto coa intención de habilitar as distintas vías de apoio para os damnificados, as confrarías e a Consellería do Mar aportan o plan de acción que están a desenvolver os biólogos para acadar a rexeración dos bancos marisqueiros e recuperar a súa produtividade. Barállanse datos que permitan un sistema de reparto de recursos para que os mariscadores reequilibren a súa única ferramenta de traballo nas rías e que son os bancos de marisco que eles mesmos sementan e coidan. Para que isto sexa así, o mar debe necesariamente recuperar a súa salinidade cotián porque sin esta  os bivalvos morren a eito e non se pode producir o aproveitamento necesario do esforzo levado a cabo por cada un dos agora afectados.

O Executivo central non dou, de momento, sinal algunha de interese por atender a petición formulada pola Consellería do Mar no senso de recoñecer a declaración de zona catastrófica, cuestión esta que sí se outorgou a outras comunidades autónomas en casos semellantes.

A produción marisqueira, que nestas datas de Nadal, Aninovo e Reis é moi demandada polos consumidores, debe recuperarse na primavera para que, no verán, os profesionais non volvan sentirse desprotexidos polos organismos competentes.

Outros artigos

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

+

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...