A Xunta retirou das praias galegas máis de 3.130 quilos de pellets e 7.700 quilos doutros plásticos

18 Xaneiro 2024

O dispositivo despregado pola Xunta nas praias e no mar para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao en augas
portuguesas permitiu recuperar ata o momento máis de 3.130 quilos deste material, o equivalente 125 sacos. Ademais, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais 7.700 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.
No día de onte, o persoal mobilizado polo Executivo galego sacou das praias arredor de 360 quilos de pellets, o equivalente a 14 sacos deste material, así como 1.670 quilos doutro lixo presente na costa que pode depositarse no contedor amarelo.
O operativo de vixilancia, detección e limpeza, por terra e mar, despregado pola Xunta está integrado hoxe por máis de 400 efectivos repartidos por 51 praias pertencentes a 27 concellos. Mentres, por mar o Servizo de Gardacostas continúa a facer un seguimento da situación mantendo activos os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, catro embarcacións de gran porte (o Sebastián de Ocampo, o Irmáns García Nodal, o Ría de Vigo e a Mar de Galicia) así como oito patrulleiras de menores dimensións. A maiores, o Goberno central aporta ao operativo un avión, un helicóptero e unha embarcación.
Cómpre precisar que os medios aéreos e marítimos poden ver condicionada a súa actuación polas condicións meteorolóxicas e pola necesidade de atender outras obrigas como o apoio aos máis de 4.000 buques pesqueiros e arredor de 2.000 barcos bateeiros
da comunidade, o salvamento ou a vixilancia e control da frota.
A maiores, o persoal mobilizado polo Goberno autonómico tamén inspeccionará medio cento de areais en seis concellos a petición das entidades locais. Este procedemento enmárcase no protocolo de colaboración aprobado no Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) que establece que os concellos poden solicitar o apoio dos servicios habilitados pola Administración autonómica tanto para a limpeza dos seus areais como para a retirada de pellets recollidos polo seu persoal, por persoas voluntarias ou por outras entidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.