Soledad Agra participa na presentación de “Corenta mulleres tecendo xuntas”

18 Decembro 2023
A deputada outiense Soledad Agra, Rosario Álvarez e Carme Adán na presentación do volume

O Álbum de Mulleres, a enciclopedia online de galegas sobranceiras impulsada polo Consello da Cultura Galega, están na cerna dunha nova publicación lanzada polo CCG. Trátase da obra Corenta mulleres tecendo xuntas, que nos achega á vida e ás contribucións de mulleres como Constanza de Castro, a filla rebelde do mariscal Pardo de Cela; a modista e emprendedora Rosalía Mera; a cantante María Valverde, ou a futbolista Irene González Basanta. Así até un total de 40 biografías. A deputada outiense de Igualdade da Deputación da Coruña, Soledad Agra, xunto coa presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e máis Carme Adán, coordinadora do libro xunto con Montse Fajardo, presentaron este luns 18 de decembro a iniciativa. A obra, editada grazas a un convenio entre o CCG e a Deputación da Coruña, xa está dispoñíbel para a súa descarga.

“Decidimos escolmar corenta mulleres, unha por cada ano do Consello da Cultura Galega. É unha celebración para pechar este ano lembrando que a cultura galega sempre tivo mulleres, aínda que moitas veces temos que rabuñar para atopalas e ver as súas pegadas”, explicou Carme Adán durante a presentación.

Pola súa banda, a deputada Soledad Agra destacou que “neste libro hai un compendio de igualdade e lingua, dúas áreas fundamentais para seguir sacando da invisibilidade todas as referencias femininas que temos en Galicia e que non estiveron nos libros de texto da nosa literatura e da nosa historia”.

Montse Fajardo indicou que “optamos por aqueles nomes, de distintas épocas e temáticas, que puidesen ser máis descoñecidos ou, tamén, que ficasen inxustamente ligados á parcial etiqueta de esposas ou ex-esposas de”.

A obra inclúe corenta figuras, como Olga Gallego, que recompilou as vivencias das ourensás do Antigo Réxime; María Reguera, afeccionada á paleografía e firme defensora das mulleres no ensino, ou Teresa Vaamonde, que ingresou no corpo arquivístico durante a II República e, logo, durante a ditadura, viuse obrigada a renunciar ás súas ideas para non ter que abandonar o seu traballo. Réndese tamén homenaxe a figuras pouco coñecidas como Nicolasa Añón, campesiña analfabeta que chegou a ver recollidos os seus versos nun libro; Clara Corral Aller, poeta que publicou en galego no século XIX, ou Emilia Calé, que nese mesmo século foi xornalista.

Así mesmo, no libro recóllense as biografías de pioneiras nas artes plásticas, como Dolores Rodeiro, tallista de imaxes relixiosas en madeira e primeira muller que obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña en 1881. Hai tamén deportistas, como a futbolista Irene González Basanta, precursora na práctica do fútbol non só en Galicia, senón no mundo durante os anos vinte. Outra pioneira que se recolle nesta publicación foi Constanza de Castro, que en pleno século XV, cando nin América existía aínda para Europa, logrou exercer un importante dereito para as mulleres: a disolución do seu primeiro matrimonio.

Todas as biografías que se inclúen nesta publicación forman parte do Álbum de Mulleres, que hoxe está incorporado no Álbum de Galicia, e reprodúcense íntegras no libro impreso, que inclúe tamén un código QR co fin de facilitar o acceso ao repositorio web para consultar documentos, ligazóns, vídeos e outros materiais.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.