Rianxo rende homenaxe esta “finde” ao profesor e historiador Xesús Costa Rodil

09 Novembro 2023

O alcalde de Rianxo recordou os actos preparados para nomear fillo adoptivo do concello ao profesor, escritor e historiador Xesús Costa Rodil. Tal e como destacou o rexedor, Julián Bustelo, “ademais de polo seu labor a prol da memoria histórica, don Xesús está presente no recordo dos rianxeiros e rianxeiras pola súa xenerosidade, bondade e amabilidade como docente, méritos que fan que nos sintamos orgullosos e orgullosas de que sexa fillo adoptivo do noso pobo”.

Os actos conmemorativos programados desenvolveranse os días 10 e 11 de novembro, venres e sábado. O primeiro día o salón de actos do Auditorio de Rianxo acollerá a presentación de Versos de Senectude, póstumo de Xesús Costa Rodil. Será ás 20.30 horas do venres 10. Ao día seguinte celebrarase un acto de solemne e público de nomeamento de fillo adoptivo de Rianxo a Xesús Costa Rodil. Será ás 12.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Biografía (fonte: Galipedia)

Xesús Costa Rodil, nado en Espiñeirido (Cervo) en 1944 e finado en Rianxo o 7 de agosto de 2018, foi un profesor e escritor galego.

Mestre e licenciado en Filosofía e Letras, exerceu a docencia durante máis de corenta anos no IES Félix Muriel de Rianxo, vila á que dedicou gran parte do seu labor de investigación histórica.

Na súa produción destaca Rianxo no Antigo Réxime. Economía e sociedade nunha vila mariñeira do señorío arcebispal de Santiago (2001), obra na que fixo unha historia da súa vila de adopción ao longo de varios séculos. Centrou logo o seu interese historiográfico xa no século XX, máis concretamente na época republicana, na guerra civil e na represión franquista, do que son testemuña traballos como Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía (2003) e Rianxo na guerra civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra (1937-1939), escrito en colaboración con Xosé Comoxo e Xesús Santos Suárez, autores cos que tamén asinou o traballo Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005).

Tamén é autor de Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo (2007), en colaboración con Xesús Santos, con quen realizou ademais un ensaio sobre a represión no maxisterio: De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950) (2010). A guerra é tamén o eixo do seu relato Bandeiras de liberdade ó nacente (2006).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...