Unha presentación póstuma e un acto solemne acompañarán o nomeamento de Xesús Costa Rodil como fillo adoptivo de Rianxo

03 Novembro 2023

O Concello de Rianxo vai organizar a vindeira semana varios actos conmemorativos con motivo do nomeamento como fillo adoptivo do escritor Xesús Costa Rodil, mestre e historiador local. As actividades desenvolveranse os días 10 e 11 de novembro, venres e sábado. O primeiro día o salón de actos do Auditorio de Rianxo acollerá a presentación de Versos de Senectude, póstumo de Xesús Costa Rodil. Será ás 20.30 horas do venres 10. Ao día seguinte celebrarase un acto de solemne e público de nomeamento de fillo adoptivo de Rianxo a Xesús Costa Rodil. Será ás 12.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Biografía (fonte: Galipedia)

Xesús Costa Rodil, nado en Espiñeirido (Cervo) en 1944 e finado en Rianxo o 7 de agosto de 2018, foi un profesor e escritor galego.
Mestre e licenciado en Filosofía e Letras, exerceu a docencia durante máis de corenta anos no IES Félix Muriel de Rianxo, vila á que dedicou gran parte do seu labor de investigación histórica.

Na súa produción destaca Rianxo no Antigo Réxime. Economía e sociedade nunha vila mariñeira do señorío arcebispal de Santiago (2001), obra na que fixo unha historia da súa vila de adopción ao longo de varios séculos. Centrou logo o seu interese historiográfico xa no século XX, máis concretamente na época republicana, na guerra civil e na represión franquista, do que son testemuña traballos como Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía (2003) e Rianxo na guerra civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra (1937-1939), escrito en colaboración con Xosé Comoxo e Xesús Santos Suárez, autores cos que tamén asinou o traballo Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005).

Tamén é autor de Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo (2007), en colaboración con Xesús Santos, con quen realizou ademais un ensaio sobre a represión no maxisterio: De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950) (2010). A guerra é tamén o eixo do seu relato Bandeiras de liberdade ó nacente (2006).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.