O Local Náutico do Son acolle este sábado unha noite de Samaín con disfraces, música e sorpresas

24 Outubro 2023

Porto do Son vai celebrar o Samaín esta fin de semana por partida tripla. Así, ademais da festa terrorífica xuvenil que vai ter lugar no Polideportivo de Santa Irene (este sábado 28 da man da Ludoteca) e da cita festiva que prepara a AEP para o domingo 29, o Local Náutico de Porto do Son tamén vai acoller a súa respectiva festa de Halloween. Organizada pola Comisión Festas do Carme Porto do Son 2023, a festa vén acompañada cun convite á veciñanza a disfrazarse coas “súas mellores galas” e a “desfrutar de fantásticas sorpresas”. Será este sábado 28 a partir das 22.00 horas. Haberá música a cargo de Chocolate Disco Móbil & Radio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.