“O sector conserveiro do Barbanza, afectado polo incremento de prezos do aceite”. Antón Luaces

16 Setembro 2023

Os municipios de Ribeira, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Boiro son, por este orde, os que con maior certeza corren o risco de reducir a produción conserveira na comarca do Barbanza, de se manter o incremento rexistrado no prezo do aceite utilizado no produto envasado e que, por término medio, significa para o consumidor un aumento de máis do 50% na botella de 75 cl.

Ribeira, seguido de Rianxo, é o concello con maior número de industrias conserveiras da comarca, cun mínimo de 8 en produción, seguido de Rianxo, con 5 e con 4 cada en seu, A Pobra e Boiro. Hai algunha outra fabrica conserveira nos municipios sinalados e tamén no resto da comarca barbanzana, e mesmo algunha delas fechada. Pero o temor está centrado, agora, en como vai asimilar o sector os incrementos experimentados (se é que pode facelo). A este problema súmase a escaseza de determinadas especies de peixe e marisco (sardiña, lura, ameixa e xarda, especialmente) situación extensiva a outros lugares de Galicia, especialmente nas Rías Baixas.

Se ben o aumento de prezos do aceite embotellado pode non ter correspondencia co supostamente almacenado pola industria conserveira, as queixas neste senso do propio sector xa se recollen por distintos medios de comunicación como, por exemplo, La Voz de Galicia, que se refire a elas con titulares ben expresivos nos que se especifica que o aceite está a ser máis caro que o peixe que se envasa. Informacións que non  resultan moi tranquilizadoras para os traballadores -inmensa maioría man de obra feminina- en moitos casos fixos doscontínuos que albiscan un futuro pouco agradable, de confirmarse eses prognósticos.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.