Unha explosión nun cadro eléctrico provoca un incendio nun bar de Aguiño en Ribeira

09 Agosto 2023

Un incendio no bar Moncho do Oslo, en Aguiño provocado pola explosión nun cadro eléctrico, obrigou a intervir aos equipos de emerxencia de Ribeira na madrugada de hoxe. Unha persoa foi atendida no punto por presentar síntomas de dificultade respiratoria e o establecemento quedou afectado polo fume.

Poucos minutos antes das tres horas, os Bombeiros de Ribeira chamaron ao 112 Galicia para comunicar a súa saída para a Rúa Vionta co fin de extinguir un incendio nun establecemento en Aguiño. Segundo a información facilitada ao 112, un veciño escoitou unha explosión e viu como saía fume do interior dun local de hostalaría.

Decontado, desde o 112, pasouse aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Nacional e Local. Ademais, efectivos de Protección Civil de Ribeira e técnicos da empresa subministradora de gas tamén foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.

Tras rematar a intervención e extinguir as lapas que consumiron o cadro eléctrico, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento procederon a ventilar o local para recuperar as condicións idóneas de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.