O DOG publicou a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas en relación ás subvencións a clubs deportivos galegos con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado. Estas subvencións inclúense no Plan de Promoción da Igualdade no Deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia- Financiado pola Unión Europea – NexGenerationEU.
En total, foron 46 os clubs beneficiarios destas axudas que contaron cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros (226.754 euros). Na listaxe están incluídos o Club de Piragüismo Rías Baixas (Boiro), ADECO-DEA (Noia) e Ambar (A Pobra e Ribeira).

Máis polo miúdo, na provincia da Coruña houbo 17 entidades beneficiarias que foron: Club de Remo Ares con 6.200 euros para unha embarcación adaptada, Asociación Doma Adaptada Galicia (Bergondo) con 1.200 euros para diverso equipamento adaptado a persoas con discapacidade; Club Ría de Betanzos (Betanzos) con 3.600 euros para embarcacións adaptadas; Club Piragüismo Rías Baixas (Boiro) con 4.864 euros para embarcación adaptada e pas; Club Cabanas KDM (Cabanas) con 4.320 euros para embarcacións adaptadas; Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat Bcs (A Coruña) con 10.579 euros para embarcación adaptada e pas; Club Deportivo Inclusivo Enki (A Coruña) con 5.000 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade; Agrupación Deportiva Minusválidos Ferrol (Ferrol con 5.280 euros para cadeiras de rodas multideporte; Club Hípico Equo Alalma (Ferrol) con 1.696 euros para chalecos airbag: Club Pulpeiros Mugardos (Mugardos) con 5.324 euros para bicicleta adaptada; Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (Narón) con 4.144 euros para mesas e robot para adestramento autónomo de tenis de mesa; Club Deportivo Akai Ryu (Negreira) con 2.102 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á discapacidade sensorial; ADECO-DEA (Noia) con 5.056 euros para diverso equipamento náutico adaptado a persoas con discapacidade; Club do Mar de Noia (Noia) con 13.000 euros para embarcacións adaptadas; Asociación Ambar (A Pobra do Caramiñal) con 2.335 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade; Club Náutico Folixa (As Pontes de García Rodríguez) con 6.716 euros para embarcación adaptada; e Club Galicia Waterman (Santiago de Compostela) con 3.200 euros para equipamento paddlesurf híbrido adaptado.
Todos os beneficiarios son clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 contaron con licencias de deportistas con discapacidade. A Xunta de Galicia cubre o 80% do gasto subvencionábel e o importe máximo da axuda é de 5.000 euros.
A Xunta de Galicia salienta que a nivel autonómico xa investiu máis de 4,6 millóns de euros en 2022 para a adquisición de equipamentos deportivos, “sendo o máximo histórico anual dirixido a este obxecto que representou o 44,61% do total do investimento do Goberno autonómico no período 2019-2022 e o 46,7% de entidades beneficiarias neste mesmo período”. Dende o exercicio 2019, o Executivo destinou un total de 10,34 millóns de euros a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias un total de 1.741 entidades.
A través destas ordes de axudas de equipamentos deportivos, as entidades xa podían obter equipamento deportivo adaptado. A novidade é que a orde de equipamentos aprobada polo Consello é a primeira que se publica especificamente para deporte adaptado.



