O Concello de Ribeira comunica que no día de hoxe, 17 de xullo de 2023 con motivo da renovación da liña xeral de auga potable que vai a Castiñeiras vaise realizar un corte na subministración da auga da traída.
Concretamente a empresa que executa as obras no lugar da Ameixida deberá cortar a subministración entre as 16 e as 20h para poder efectuar os entronques coa rede existente.
Desde o goberno local pregan se desculpen as molestias e traballan para garantir un correcto servizo á veciñanza no menor tempo posible.




