Municipais 2023: O PP mellora en Ribeira onde queda ás portas da maioría absoluta

29 Maio 2023

Manuel Ruiz (PP) volverá ser alcalde do municipio coruñés de Ribeira. O popular mellora os resultados de 2019, chegando ao 38,90% do voto e pasando así dos 9 aos 10 edís na corporación.

Os nacionalistas, encabezados por Luís Pérez, foron a gran sorpresa da noite, cunha melloría importantísima ao dobrar os seus resultados. Pérez conseguiu levar ao BNG a segunda forza no municipio, cun 22,40 % dos votos, o que se traducirá nun total de 5 actas no Pleno. Os nacionalistas partían de tan só 2 actas, cun 10% do apoio entre os veciños.

PBBI encabezado por Vicente Mariño, conseguiu un total de 5 edís, converténdose en terceira forza cun 20,98 % do voto.

Pola súa banda, o PSOE de Ribeira, cunha candidatura renovada en Francisco Suárez, finalmente non puido chegar aos votos necesarios para manter os dous edís. Con apenas un 7,47% dos votos, os socialistas quedarán con tan só un concelleiro na corporación de Ribeira.

Unha sorpresa da noite foi o apoio á formación de ultradereita de VOX, que conseguiu 524 votos, quedándose co 3,93% dos electores ribeirenses. Os de Juan José Doval son os únicos que se presentaban en toda a comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...