O BNG esixe medidas urxentes para afrontar os actos violentos que vive Ribeira

21 Maio 2023

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que fai saber que os actos violentos acontecidos nas últimas semanas, incluída a grave liorta desta noite pasada, na contorna do Malecón, da que falamos en O Barbanza, “están a xerar un clima moita inseguridade entre a veciñanza”, un problema que segundo reitera o grupo, vén derivado en boa medida pola falta de efectivos na Policía Local e da Policía Nacional, “unha carencia sobradamente coñecida, distando moito do que a normativa vixente estima como recomendábel”, lembran. .

O BNG recorda tamén que as directivas da Unión Europea recomendan contar cun número de 1,8 axentes por cada 1.000 habitantes, e Ribeira, apuntan, “atópase lonxe desa cifra, ao contar cun cadro de policías moi minguado”. Así, relacionando a poboación de algo máis de 27.000 habitantes que ten Ribeira coa cifra antes mencionada de 1,8×1.000, “danos que deberíamos contar con  49 axentes”, sinalan, poñendo o foco no feito de que Ribeira sexa unha cidade de servizos e cuxa poboación flotante diaria é moi superior ao padrón municipal, ao que se lle suma o incremento en datas estivais por mor do turismo.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, lamenta o acontecido e condena todos os actos violentos. Barral considera que “o labor que realiza a Policía Local é positivo mais este corpo de seguridade non conta cos axentes suficientes, polo que é imposible garantir a seguridade en todo o municipio”. O líder nacionalista ponse a disposición das institucións para colaborar apoiando as medidas que haxa que realizar para “atallar as continuas denuncias por roubos, actos vandálicos ou violencia”.

Coa finalidade de que se poidan coordinar de maneira efectiva os axentes das policías en Ribeira, desde o BNG solicitan “que se convoque inmediatamente a Xunta de Seguridade Local para afrontar esta situación que Ribeira padece e se tomen medidas efectivas para garantir a seguranza da poboación”.

Asemade, o Bloque tamén demanda que o Concello, en coordinación coa Policía Nacional, “aumente as patrullas e os percorridos que fai a Policía Local como medida de garantir unha maior presenza policial na rúa e contribúan a aumentar a seguridade polas noites”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...