
G24
Tres persoas foron detidas en Tui nas últimas horas pola agresión a un mozo de 27 anos que recibíu dous disparos e foi acoitelado dúas veces na madrugada deste domingo na capital barbanzá.
Segundo fontes oficiais dous dos detidos o foron acusados por tentativa de homicidio e o outro por encubrimento.
O suceso, tal como recollemos en “obarbanza.gal” aconteceu sobre as 2.30 da madrugada na rúa Diego Delicado, mais coñecida como a vella rúa de Correos, a esa hora un particular foi quen deu aviso ao Servicio de Emerxencias 112 Galicia tras escoitar un disparo nesta céntrica rúa de Ribeira. O ferido foi trasladado ao Hospital do Barbanza e posteriormente foi derivado ao Complexo Hospitalario Universidade de Santiago de Compostela.
No operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional e Local. Precisamente, fontes policiais confirmaron que o mozo recibiu coiteladas e un disparo.




