Os socialistas de Ribeira presentan unha ducia de propostas para convertelas en proxectos do Plan POS 2023

16 Xaneiro 2023

O grupo socialista de Ribeira presentou as súas propostas de acción para a contía que o Plan POS 2023 da Deputación da Coruña destina para o concello, en total 1.434.938, 40 euros como asignación definitiva do Plan Único 2023, a maiores dos fondos estatais. O grupo, a través do seu concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou unha listaxe de proxectos para o Plan POS 2023, que, como recordaremos, motivou que o Concello abrise este luns 16 de xaneiro un prazo de consultas para recadar as opinións e suxestións da cidadanía.

José Manuel Vilas, voceiro do grupo socialista de Ribeira, nunha imaxe de arquivo

Esta é a listaxe do grupo do PSOE local:

1. Reposición pavimento do Camiño de Pinisqueira 9007-9002. 1Km. lineal, A Cerca – Xunqueiro. Aguiño…………………………….…60.000 €.

2. Pavimentación e renovación servizos rúa Portugal e rúa Peirao…Ribeira…………………………………………………………………..90.000 €.

3. Renovación liña de abastecemento de auga na rúa do Barreiro. Palmeira……………………………………………………………….160.000 €.

4. Pavimentación do Camiño do Vilar a Vixán. Carreira………68.000 €.

5. Pavimentación do entorno de Outeiro-Igrexa. Artes…………60.000 €.

6. Pavimentación rúa dos Curros e Candexás. Castiñeiras…100.000 €.

7. Continuación Senda peonil río Sanchanás, entre Os Muíños e A Cascada. San Martiño de Oleiros……………………..………..150.000 €.

8. Saneamento en Espiñeirido. Olveira………………………….100.000 €.

9. Corrubedo ampliar saneamento rúa Bos Aires…………..30.000 €.

10. Pavimentación Camiño Campos da Cobasa (entre rúa Porto Fenicio/Laño), Aguiño…………………………………………..….65.000 €.

11. Pavimentación Camiño de acceso a San Alberto (polígono a miradoiro). Ribeira………………………………………………….…45.000 €.

12. Gasto Corrente………………………………………………..…506.000 €.
En virtude do exposto, en nome do Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, solicita se teña en conta a proposta de actuacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.