O BNG de Ribeira di que o Concello despediu de xeito irregular a profesorado do Conservatorio

16 Decembro 2022

O Bloque Nacionalista de Ribeira mostrou o seu apoio ao profesorado do Conservatorio encargado da Escola Municipal de Música que, segundo indica a agrupación, non vai ter continuidade profesional no seu labor. En palabras do BNG, trátase dun “procedemento irregular” do Goberno local.

Así o cualificaron o portavoz do BNG Luís Pérez Barral e a concelleira Cruz Rivadulla Márquez, explicando que “comparecemos para desmentir declaracións do rexedor que argumentaba na falta de aprobación dos Orzamentos de 2022 a necesidade de prescindir dese persoal“. E engadiron: “Aínda que se tiveran aprobado as contas do 2022, a día de hoxe estarían en prazo de exposición pública e, polo tanto, non estarían en vigor”.

Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla diante do Conservatorio de Ribeira

Pérez Barral cualificou o asunto como de “extrema gravidade” pois “supón pasar tódalas liñas vermellas, ao chegar o alcalde ao punto de prescindir de traballadores e traballadoras municipais co obxectivo de danar a imaxe dos grupos políticos que non aceptamos as súas chantaxes”.

Desde o BNG piden “a rectificación desta decisión” ao entender que o persoal público que presta servizos tan básicos para a poboación como o da Escola de Música -destinada á rapazada de 3 a 7 anos- “non pode sufrir o castigo dun alcalde incapaz de dialogar e chegar a acordos”.

Os nacionalistas aseguran que “a lexislación garante a prestación dos servizos públicos e o pagamento das retribucións do persoal municipal”, polo que advirten “se o Goberno local opta por atacar ao persoal municipal e deteriorar a calidade dos servizos públicos prexudicando á veciñanza, o BNG actuará en consecuencia”.

E engadiron: “Se aceptamos a falacia de que non hai cartos para pagar ao persoal do Concello que presta servizos públicos para a veciñanza, tampouco pode habelos para pagar os 55.000 euros anuais que cobra o alcalde, os 70.000 euros que cobran os dous tenentes de alcalde ou os 25.800 doutra concelleira do Partido Popular”.

Barral finalizou recordando que seguen coa “man tendida para impulsar acordos que sexan positivos para a veciñanza” pero para iso aclaran “que o Goberno debe cambiar de actitude e estar disposto a dialogar”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...