O Concello de Ribeira di que a non aprobación dos Orzamentos impediu impartir a última clase da Escola Municipal de Conservatorio

13 Decembro 2022

O Concello de Ribeira compartiu un comunicado no que volve criticar a non aprobación dos Orzamentos Municipais e dá exemplos concretos das consecuencias deste feito, exemplos que xa se están a dar como a imposibilidade de prorrogar o contrato da profesora encargada da Escola Municipal de Música do Conservatorio, o cal provocou que este martes 13 de decembro non se puidera impartir a que era a última clase prevista para este ano.

No comunicado o Concello pide desculpas ao alumnado e aos pais e nais afectados e di que a súa intención é tentar “subsanar este contratempo coa entrada da anualidade 2023, de tal xeito que o día 8 se poidan retomar as clases con normalidade”.

Ademais de encargarse da Escola de Música Municipal (dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos que queren iniciarse no mundo desta disciplina), a profesora tamén imparte algunhas materias no propio ensino oficial do Conservatorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.