Servizos Sociais de Dodro reparte preto de 2.000 quilos de alimentos

15 Outubro 2022

O concello de Dodro adquiriu esta semana 1.952,64 Kg de alimentos da Federación Española de Bancos de Alimentos (BALRIAL) para repartir entre familias desfavorecidas.
O concelleiro da área Xoán Bautista Mariño (BNG) agradece a colaboración de BALRIAL e do
persoal municipal que, xunto con fondos propios, fai que este programa teña continuidade.
Este ano aumentan as cantidades de alimentos sumados á achega municipal que se organiza
desde Servizos Sociais a finais de ano. Sinala o concelleiro nacionalista tamén que non aumentou o número de familias do programa.
Os servizos municipais comezaron xa o reparto nesta mesma semana e esperan concluílo en
breve.
Xoán Bautista Mariño -3o tenente de alcalde- recorda que para formar parte deste programa ou doutros dependentes de Servizos Sociais e Benestar, poden informarse ao longo de todo o ano, con cita previa, no número de teléfono 981 80 24 66.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.