O pleno de Boiro aproba as propostas para mellorar o transporte público e máis o lugar da Boliña

10 Xuño 2022


O Concello de Boiro celebrou este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, que contou coa totalidade de membros da Corporación local. Como de costume, a sesión puido (e pode) verse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro. O pleno saldouse coa aprobación de dúas propostas do BNG cuxos detalles avanzamos os días pasados: a proposta para solucionar os problemas de transporte público no concello e na comarca (aprobada por unanimidade) e a proposta para aplicar diversas melloras no histórico enclave da Boliña, en Boiro (aprobada tamén por unanimidade).

Temas tratados

1. Elección Xuíz de Paz titular – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

2. Aprobación inicial, se procede, do ditame de aprobación da Ordenanza para o uso da lingua galega no concello de Boiro – aprobación inicial (17 votos a favor).

3. Ratificación, se procede, da inclusión na orde do día da proposta da alcaldía sobre a aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame – aprobación inicial con 15 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro, non adscrito) e 2 abstencións (BNG).

4. Moción do grupo municipal do BNG sobre a aplicación de solución aos problemas de transporte público – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

5. Moción do grupo municipal do BNG sobre melloras no lugar da Boliña – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.