O BNG de Boiro achega media ducia de novas propostas para mellorar o núcleo da Boliña

07 Xuño 2022

O BNG de Boiro, a través da portavoz Raquel Suárez Regades, presentou os detalles dunha moción para o seu debate en pleno relativa ás necesidades do núcleo da Boliña. Na proposta faise saber que se trata “dun núcleo situado a escasa distancia do centro urbano de Boiro e que foi librándose de maneira sorprendente da expansión urbanística de anos pasados”. Por este e outros motivos, dende o BNG entenden “que ben merece un tratamento especial, tanto para beneficio da propia veciñanza como para quen resida no propio casco urbano de Boiro”. O grupo lembra que se ben no anterior pleno propuxo o acondicionamento do lavadoiro de San e da pista lindeira que comunica coas instalacións deportivas de Vista Alegre, nesta ocasión e “despois de ter conversas con persoas do lugar”, trasladan a debate da Corporación media ducia de novas propostas relativas á Boliña.

Representantes do BNG de Boiro nunha imaxe de Canal Rías Baixas

1- “Que se proceda ao deseño dun plan urbanístico específico para o lugar da Boliña que respecte e potencie a súa idiosincrasia e que contemple a organización e recuperación de rúas e de accesos peonís, a limpeza de muros, fontes e lavadoiros e a solución dos problemas de inundacións”.

2- “Que se proceda ao establecemento de medidas que garantan a seguridade viaria no lugar da Boliña, que teñan por obxecto solucionar -tendo en conta os parámetros de seguridade viaria- a actual situación de risco de atropelos, a adopción de medidas encamiñadas a facer convivir o desprazamento a pé dos/as viandantes cos diferentes tipos de vehículos que por alí transitan”.

3- “Que se adopten as medidas necesarias para unha mellora da recollida do lixo e, en concreto, que se camiñe cara a implantación dun sistema máis respectuoso co medio como o é a instalación de composteiros comunitarios”.

4- “Que se remate o paseo fluvial do río Breiro, en concreto a parte do mesmo que correspondería ao seu paso polo lugar da Boliña”.

5- “Que se proceda ao acondicionamento da Área Deportiva de Vista Alegre, coa creación de aparcadoiros e a posibilidade de executar un acceso peonil que a conecte co Lugar da Boliña”.

6- “Que se adopten as medidas precisas para limpar e acondicionar o denominado rego do Breiro ao seu paso pola Boliña, a fonte de Berres e os camiños coñecidos como Cortiña do can e Camiño do Rexedor”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.