Usuarios de AMBAR visitan no Lustres Rivas a exposición de Oswaldo Guasasamín con motivo do Día Mundial dos Museos

Un grupo de usuarios de Ambar estiveron esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas visitando
a exposición “Emocións” de Oswaldo Guayasamín que permanecerá no centro ata o 28 de maio.
A visita foi motivada para conmemorar o Día Mundial dos Museos que se celebra hoxe, 18 de maio, e foi guiada polo Programador de Exposicións e Xestor Cultural de Ribeira, Unai González Suárez.
Cunha duración aproximada de 40 minutos, na visita falouse do día dos museos que este ano ten o lema “O poder dos museos”, dos museos existentes no municipio e da obra de Guayasamín que se
expón agora mesmo, composta de 20 gravados do artista ecuatoriano que pertencen á Fundación Museo de Artes.