Rosa Quintana louva o proxecto de mellora da produción do polbo de lonxa da Confraría de Lira

14 Xaneiro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este 14 de xaneiro a sede da Confraría de Pescadores de Lira (Carnota), onde coñeceu o seu proxecto de mellora do proceso produtivo do polbo de lonxa, promovido ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa Sostible. Esta iniciativa recibiu unha axuda da Xunta na convocatoria de 2020 de achegas destinadas aos proxectos destes grupos e, segundo sinalou a titular de Mar, é “un exemplo da posta en valor que fai Galicia do seu mar e da súa contorna”.

Na visita a Lira a conselleira estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e tamén aproveitou para informar de que en próximos días o Diario Oficial de Galicia publicará a convocatoria deste ano de achegas aos proxectos dos Grupos de Acción Local.

Con estes apoios, co-financiados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, subliñou Rosa Quintana, o Goberno galego contribúe “á diversificación das actividades marítimo-pesqueiras, á creación de emprego no litoral e a atraer mocidade ao sector”.

En canto ao proxecto de mellora do proceso produtivo do polbo de lonxa promovido pola Confraría de Lira, a conselleira destacou que “permitiu ampliar as instalacións da confraría e aumentar a capacidade produtiva de procesado desta especie a 10.000 quilos ao día fronte aos 2.000 que se procesaban anteriormente”. Tamén salientou o aforro enerxético que supón a iniciativa, pois “a maquinaria de procesado que se adquiriu no marco desta iniciativa ten un menor consumo e ademais mellorouse o illamento térmico das cámaras de conxelado e de frío”.

Outras actividades que inclúe este proxecto e que se levaron a cabo son a adquisición de caixas para a conxelación e de bases con rodas para o seu transporte e a habilitación dos sistemas de captación de auga salgada para as instalacións, de pesado e de etiquetado.

Para iso o proxecto contou cunha axuda da Xunta de preto de 273.000 euros.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.