O Concello de Boiro pon o punto final ao Campamento de Nadal cunha visita da rapazada ao Consistorio

07 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro informa do remate, este venres 7 de xaneiro, das actividades do campamento de conciliación impulsado nestas festas polo Executivo local a través das áreas de Cultura e Educación. A concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral, e o concelleiro Marcos Fajardo, aproveitaron unha visita que os nenos e nenas participantes fixeron ao Concello, como parte da axenda do campamento, para conversar con eles.

A actividade estivo destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitar ás familias “un recurso de conciliación con horarios flexíbeis axustado ás súas necesidades, así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre aos nenos e nenas participantes”.

As accións do campamento desenvolvéronse o días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8.00 a 15.00 horas, adaptado ás necesidades específicas das familias para a entrada e saída.

O desenvolvemento do programa estivo baseado en técnicas de intervención participativas e activas mediante as que se “buscaba fomentar a creatividade e os valores con actividades planificadas segundo as idades e as necesidades individuais”, en palabras do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.