Porto do Son supera a liña dos 4.000 seareiros en Instagram

27 Decembro 2021

O Concello de Porto do Son vén de conseguir un importante fito en materia de redes sociais e actividade informativa e turística. En concreto, este Nadal chegou á cifra de 4.000 seareiras e seareiros na rede social Instagram, unha comunidade que o Concello confía en que siga medrando co inicio do novo ano. O recuncho de Porto do Son no dito servizo de publicación e intercambio de fotografías superou a cifra dos 3.800 posts dende a súa activación.

Estes fitos únense ao logro conseguido aproximadamente por estas datas o ano pasado, con máis de 7.000 seguidoras e seguidores noutra comunidade análoga, a rede Facebook.

Esta presenza de Porto do Son no Facebook e no Instagram, tal e como destaca o Concello, son un proceso aberto que se nutre cada pouco de novas contribucións, ao que cómpre engadir o importante potencial que atesouran as parroquias do municipio como materia prima de gran calidade para as fotografías e os vídeos dos internautas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.