O Facebook do Concello Porto do Son supera os 7.000 integrantes

02 Novembro 2020

O Concello de Porto do Son comezou este mes de novembro celebrando un novo fito en materia de comunicación dixital coa cidadanía, un ámbito en clara proxección mesmo antes da crise sanitaria (polo que ten de interactivo, cómodo, inmediato e participativo), e que colleu un impulso extra trala chegada da COVID. Segundo comunicou o Concello a través das redes sociais nas que ten presenza, a comunidade de lectoras e lectores do Facebook do Concello non fixo máis que medrar dende a súa posta en marcha e xa sei situou nos 7.000 membros.

A este fito cómpre engadir outro logro recente: o sitio do Concello en Porto do Son en Instagram, a rede social (e aplicación móbil) para compartir fotografías e vídeos, foi quen de superar os 3.000 membros.

Estas pegadas de Porto do Son no Facebook e no Instagram, tal e como destaca o Concello, son un proceso aberto que se nutre cada pouco de novas contribucións, ao que cómpre engadir o importante potencial que atesouran as parroquias do municipio como materia prima de gran calidade para as fotografías e os vídeos dos internautas.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.