Os novos contaxios de COVID superan os 500 en Galicia e aumentan a 105 os hospitalizados. Unha nova vitima eleva a 2.665 os mortos na Comunidade

25 Novembro 2021

A Consellería de Sanidade notificou este xoves unha nova vítima con coronavirus. Desde o comezo da pandemia, o total de falecidos en Galicia elévase a 2.665.

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia ata os 506, que supoñen máis dun centenar que a xornada anterior, e os hospitalizados por este coronavirus aumentan a 105 –sete máis–, mentres que os casos activos ascenden a 3.573, que constitúen 405 máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe a un 7,9 por cento no conxunto da Comunidade galega.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.573 deles 533 son da área da Coruña, 369 da de Lugo, 936 da de Ourense, 298 da de Pontevedra, 918 da área de Vigo, 328 da de Santiago e 191 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 93 en unidades de hospitalización e 3.468 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.237 persoas curadas, rexistrándose 2.664 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.970.110.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.781.817.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.