A homenaxe fotográfica de Pedro Losada ao marisqueo estará na Casa da Cultura do Son até o día 15 de decembro

09 Novembro 2021

Unha das grandes riquezas da nosa comarca, non só económicas, senón culturais, sociais e ambientais, está estes días especialmente presente na Casa da Cultura de Porto do Son. Falamos da tradición marisqueira, o fío temático principal da exposición que o fotógrafo Pedro G. Losada instalou no devandito edificio municipal e que poderá visitarse até o 15 de decembro baixo o seguinte epígrafe: Marisqueo na Ría de Muros-Noia. Patrimonio Cultural Inmaterial.

A mostra, inaugurada este 6 de novembro, está formada por fotografías que recollen o día a día das mulleres e homes que desenvolven o seu labor sementando e recollendo marisco nas praias da ría de Muros e Noia. Trátase dunha homenaxe “as xeracións de mariscadores que deron forma a unha actividade que é moito máis ca un oficio, e que está gravada na paisaxe e na cultura desta comarca”, sinalou Pedro Losada.

A exposición vén da man dos Concellos de Porto do Son e Noia e do GALP da ría de Muros e Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.