O espectáculo A vida dunha castaña pon remate ao Festival Raíces no Parque de San Roque de Ribeira

23 Setembro 2021

O Festival Raíces que se celebra no Parque Periurbano de San Roque chegará ao seu remate este sábado 25 de setembro coa actuación de Vane Bolboretiña e Sabela Olivares que achegarán o seu espectáculo A vida dunha castaña, un contacontos musical que levará a grandes e pequenos de volta a mestura entre natureza e cultura.

A actividade celebrarase ás 12 horas no merendeiro do parque e está aberta a toda a xente que desexe achegarse para ser partícipes dunha iniciativa engarzada no proxecto de recuperación do parque.

O Festival Raíces estivo formado tamén pola proposta Elas que a mediados de agosto evocou o tempo das lavandeiras no río Pedrín (a cargo de Rilo & Penadique) e polo exitoso Primeiro Encontro Multicultural celebrado a pasada fin de semana.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...