Vero Rilo e Sonsoles Penadique recuperaron no Lavadoiro do río Pedrín o tempo das lanvadeiras

16 Agosto 2021

No marco das actividades impulsadas polo Concello de Ribeira para dinamizar o Parque Periurbano de San Roque, actividades que este domingo 15 de agosto chegaron a un dos seus puntos álxidos co Festival Raíces – O río conta historias, celebrouse un espectáculo ao pé do Lavadoiro do río Pedrín, no mesmo parque, para recuperar a memoria das mulleres que alí desenvolveron o seu labor e alí compartiron e transmitiron historias, saudades e coñecemento. As encargadas de trasladar ás persoas asistentes ao tempo das lavandeiras, cos contos, a música e as cancións do espectáculo Elas, foron as narradoras Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Foi en palabras da organización do evento, “unha homenaxe a todas as lavandeiras e o seu papel no enriquecemento cultural da nosa historia, na que os ríos coa auga levaban contos e novas, na que os lavadoiros, ademais de sabanas o clareo, enchíanse de mulleres que traballando a reo aínda tiñan tempo de sorrir”.

Durante a celebración do espectáculo houbo marxe para converter ás propias protagonistas do mesmo, Vero e Sonsoles, en integrantes do público asistente, grazas á contribución da veciña Bernardina, que tamén quixo compartir as súas historias.

Na cita estivo presente a concelleira de Cultura, María Sampedro.

Máis datos sobre Elas

En Elas, as protagonistas son como dixemos as mulleres, con temáticas que van dende a nosa lingüística arredor do auga até a consideración histórica e social da muller, pasando polo folclore ou a hidrotoponimia. Elas é un espectáculo onde a narración oral mestúrase coa música para dar lugar a unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...