O Concello e o profesorado de Boiro demandan un aumento do persoal cualificado en necesidades especiais

06 Setembro 2021

A concelleira de Educación de Boiro, María Outeiral, mantivo unha xuntanza cos equipos directivos dos centros de ensino locais para coñecer as súas demandas e necesidades de cara ao inicio do curso. Entre as demandas máis acusadas está a “do aumento de persoal cualificado que poida atender as necesidades educativas especiais do alumnado”.

Os docentes transmitíronlle a Outeiral que a cifra de estudantes con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) “aumenta ano a ano” e é elevada nos centros educativos de Boiro, polo “que é preciso que dispoñan de persoal especializado e que poida atender as necesidades educativas dunha maneira axeitada, atendendo ás demandas individuais de traballo destes alumnos”. Tamén fixeron saber que “a ausencia de persoal é máis acusada nos centros de Secundaria, xa que a falta de persoal impide cubrir a demanda que se ofrece de materias optativas e realizar desdobres”. A todo o devandito cómpre engadir que o feito de que Boiro sexa un municipio cuxa poboación está á alza, polo que os ratios de alumnado sexan cada vez máis elevados e “a merma de profesores impide que se poidan impartir materias específicas”.

O profesorado fixo saber que “as administracións educativas deben dispoñer dos medios necesarios para que os estudantes alcancen o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional e tamén asegurar os recursos necesarios para aqueles que requiran unha atención diferente á ordinaria.

O Concello de Boiro e a comunidade educativa do municipio, composta por ANPAS e representantes dos centros educativos, vén de reiterar a solicitude realizada á Consellaría de Educación, Xefatura Territorial e Inspección Educativa para “a revisión das necesidades reais dos centros de ensino e o aumento do persoal cualificado que poida atender as necesidades educativas especiais do alumnado”.

Outros artigos

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.