Este venres abre o prazo para as aulas de educación para adultos do Concello de Boiro

08 Setembro 2021

A Concellería de Educación do Concello de Boiro publicou a oferta formativa para as aulas de educación de adultos relativas ao curso 2021-2022. O programa formativo está destinado a persoas maiores de 18 anos e o prazo de inscrición pode facerse a partir do 10 de setembro a través do rexistro xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

As aulas de ensino para persoas adultas están destinadas a maiores de 18 anos que non posúen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de “adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral”.

A Aula de Educación para Persoas Adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado desprázase a Boiro nas avaliacións. En total ofértanse 50 prazas repartidas nos catro módulos (1º, 2º, 3º e 4º), podendo realizarse dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e ámbito social.

Toda a información da educación para persoas adultas pode conseguirse na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, chamando ao teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educación@boiro.gal. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 10 e 27 de setembro e pode facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou da sede electrónica dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...