Xornada de portas abertas os días 13 e 14 do Club Deportivo Dodro

Os días 13 e 14 de agosto o Club Deportivo Dodro fará unha xornada de portas abertas para todos os nenos e nenas que tiveran nacido entre os anos 2006 e 2015, na que poderán desfrutar de moitas actividades o aire libre e moitos xogos.

A cita será como dixemos os días 13 e 14 de agosto no Campo de Chenlo, en horario de 10.00 a 13.00 horas. A actividade será totalmente de balde. Para máis información, cómpre contactar co club a través de clubdeportivododro@gmail.com ou a través do 653 785 075 (Cristian).