A Deputación organizou en Ribeira un curso de defensa persoal feminina para aprender a previr e actuar ante situacións de risco ou agresión

07 Novembro 2026

A Deputación da Coruña celebrou este sábado 7 de novembro, no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, un novo seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha iniciativa que busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas para mellorar a súa seguridade, reforzar a confianza e aprender a reaccionar ante posibles situacións de risco ou agresión.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, asistiu á clausura da actividade e participou na entrega de diplomas ás asistentes. Durante o acto, destacou a boa acollida da actividade e a utilidade práctica dos coñecementos adquiridos para a defensa persoal das mulleres.

Na clausura tamén participaron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, e máis o voceiro local do grupo socialista, Fran Suárez-Puerta.

O seminario, de carácter gratuíto e tres horas de duración, foi impartido por especialistas da Escola de Defensa Persoal HKF e combinou técnicas básicas de autoprotección con formación sobre prevención, xestión do medo e capacidade de resposta ante situacións de perigo.

Esta actividade forma parte da quinta edición do programa de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña. Tras pasar por Dumbría, Vimianzo, Valdoviño, As Pontes e Ribeira, os seminarios continuarán nas próximas semanas en Padrón e Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.