“Pouco a pouco, Galicia segue a perder capacidade pesqueira en África” – Antón Luaces

07 Novembro 2026

Primeiro foi o banco canario-sahariano, onde as frotas de Canarias, Andalucía, Galicia e outras comunidades autónomas en menor medida, sacaban avante o sempre pouco doado labor de pescar e desempeñar economicamente as empresas pesqueiras que tanto deron de comer aos saharauís, aos marroquís e aos propios españois. Posteriormente, os caladoiros de Namibia, Angola, Marrocos, Mauritania, Senegal ou mesmo Guinea xogaron as súas bazas coa UE e torceron o brazo dos intereses económicos de España e, paradoxalmente, da verdadeira potencia pesqueira que foi -aínda é?- Galicia. 

Marchan de aquí os barcos e os traballadores do mar -os mariñeiros- contemplan, incrédulos, como as súas capacidades se transfiren -grazas á Unión Europea- a traballadores senegaleses, angolanos ou marroquís e, aquí, seguirmos a depender de acordos que só froitifican  nos libros de rexistro comunitarios e nas contas bancarias negativas dos galegos que ensinaron a pescar á inmensa maioría dos que agora en África pescan con chineses, rusos ou xaponeses porque semella que son os verdadeiros amos do mar: onde antes campaban barcos galegos e soaba a  gaita, actualmente non hai gaita que tocar. Só hai laios e botar á vista atrás, cando moitos armadores galegos advertían das negativas consecuencias que para nós ía ter o feito de que, por Galicia, falaran outros europeos que non dependeran da pesca tanto coma nós. E a pesca, non o esquezamos, aínda segue a ter un peso específico no “debe” e o “haber” de armadores e mariñeiros desta parte de Europa acostumada a cocer e fritir peixe para comer.

Unha ducia do cento de barcos arrastreiros de fresco adicados á captura de pescada e que carecen de caladoiros alternativos, berran mentalmente un sonoro “basta xa!” contra a Comisión Europea e a Administración española por non lles ter dado unha alternativa á súa obrigada saída dos caladoiros africanos, agora materia de negociacións que non dan unha alternativa a aqueles que o deron todo a conta dunha pesca que non se comparte.

Nada novo. O de case que sempre.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.