Ribeira acollerá un Seminario de Defensa Persoal Feminina o 7 de novembro

05 Novembro 2026

O Concello de Ribeira colabora coa Deputación da Coruña na organización da quinta edición dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina durante a súa impartición na localidade no 7 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas, no módulo de deportes de contacto do Complexo Deportivo da Fieiteira, segundo anunciou a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.

Engadiu que estamos ante unha acción que se realiza como antesala ao Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que se conmemora no 25 de novembro, e que se enmarca na programación municipal na que traballa o CIM ribeirense arredor desta data.

A idade mínima establecida para participar establécese nos 12 anos, se ben poden asistir nenas de menor idade sempre que acudan acompañadas dunha persoa adulta.

As inscrición son gratuítas e poden formalizarse na páxina web dacoruna.gal/deportes ou no propio Concello a través do teléfono de contacto 679 306 188.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.