A ABE entrega os premios da segunda Quincena Fantástica

A Asociación Boirense de Empresarios entregou os premios da súa segunda Quincena Fantástica, unha campaña na que por vez primeira (nos 33 anos de historia da entidade) participan e implícanse os máis de 200 socios da patronal. Os galardóns achegáronse ás persoas premiadas este 5 de agosto na sede da asociación. En total, sumaron 500€ en vales de compra.

-Premio de 250 € – Juán José García – Compra realizada en Mercafruta

-Premio de 150 € -Saray Boo – Compra realizada en Drolim

-Premio de 100€ – Puri Ces – Compra realizada en Lisvaz

As gañadoras recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 socios da patronal boirense.

A asociación salientou que neste segundo cuarto da campaña rexistraronse 670 tíckets correspondentes a 52 negocios diferentes, “o que supón un incremento de mais de 150 tíckets respecto da primeira quincena”.

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda está programado sortear 500 € ao remate de cada un dos 5 períodos programados (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros).

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

“Trátase dunha campaña sen precedentes, xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo salóns de peiteado, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións … en definitiva calquera gasto realizado nunha das empresas socias da ABE”, explicou a asociación.