A Concellería de Turismo do Concello de Boiro fai entrega dos meseiros personalizados coa carta e información turística do municipio mediante código QR aos hostaleiros do sector, co fin de dinamizar e potenciar o sector hostaleiro e aloxamentos.
O departamento de Turismo realiza, de xeito periódico, xuntanzas cos xerentes de aloxamentos e establecementos turísticos para traballar en conxunto e potenciar o turismo de calidade, sustentábel e dixital. Así, na última xuntanza telemática acordouse realizar uns meseiros plastificados cun código QR do menú e tamén con información turística do municipio.
Ademais, a web de Turismo de Boiro contén un apartado específico dedicado á hostalaría onde aparece a información dos establecementos: horarios de cociña, días de apertura, teléfono de contacto e carta. A todos eles poderase acceder co código QR personalizado.