Organizada polo Club Náutico Deportivo de Ribeira está destinada ás tres divisións naturais da clase ORC co trazado tradicional de Volta a Sálvora a cita deportiva celebrarase o 10 de xullo

A biblioteca do Club Náutico Deportivo de Riveira converteuse no idóneo escenario para presentar a Regata CONGALSA – Volta a Sálvora, xa que entre os seus volumes atópanse os dossieres das nove edicións xa disputadas, sendo esta de 2021 a décima convocatoria dun evento que se converteron nun clásico das regatas do Barbanza.
Contando coa presenza de Isabel Canas, Directora de Relacións Externas de CONGALSA, o acto estivo conducido polo presidente do Náutico de Ribeira, José Luís Torres Colomer, acompañado tamén pol o seu tesoureiro, Justo Arevalillo.
“Hai programados dous percorridos que, en función da meteoroloxía á hora da saída, o comité da Regata CONGALSA elixirá cal é o máis conveniente para circunnavegar a Illa de Sálvora”, dicía Arevalillo, encargado de comentar as especificacións técnicas. Colomer, pola súa banda, argumentaba que, “esta regata á parte de chamarse Volta a Sálvora poderíase denominar tamén como Volta ás Illas, xa que tamén se acomete o contorneo á Illa de Rúa, tendo en conta tamén o paso por Vionta ou por Noro”.
Pechando a quenda de intervencións, a directora de Relacións Externas de CONGALSA, dicía que “somos unha compañía especialmente comprometida cos valores do deporte: compromiso, actitude positiva, traballo en equipo, valores que CONGALSA comparte e que están no noso ADN”, relataba Isabel Cañas.

A cita velística celebrarase o sábado 10 de xullo e está destinada ás tres divisións naturais da clase ORC: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, tendo por meta a volta á Illa de Sálvora, con varias opcións de percorrido, dependendo das condicións meteorolóxicas e o estado da mar.
Os vencedores da última edición disputada en 2019 foron o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, que representaba a grímpola do Real Club Náutico de Sanxenxo, que gañaba en Regata, co Due, de Fernando González e Rafael Blanco, do Real Club Náutico Portosín nos máis alto da División dos Cruceiro/Regata, sendo o Somni, de Helmut Bande, do Club Náutico Deportivo de Riveira, o que levaba o IX Trofeo CONGALSA en Cruceiro.





