Boiro e o CINA ofrecen 16 becas para os cursos de navegación a vela

O Concello de Boiro, no marco do convenio que se asinou fai mais de tres décadas co Centro Internacional de Navegación de Arousa (CINA) oferta 16 becas para os boirenses adultos que desexen aprender a navegar a vela
con monitores expertos. As bolsas vanse repartir entre os oito cursos que o CINA organiza en Boiro durante os meses de xullo e agosto.
Con esta formación, as persoas interesadas van acceder a cursos de iniciación da vela que logo se poderán completar en sucesivas con formación de maniobras básicas, perfeccionamento e autonomía, polo que as persoas participantes sairán capacitadas para navegar en embarcacións de vela lixeira.
As clases, que se van celebrar en quendas do 2 ao 10 de agosto, do 12 ao 21 e do 22 ao 30 do mes de xullo e do 1 ao 6, do 8 ao 13, do 15 ao 20 e do 22 ao 29 no mes de agosto. As clases vanse realizar entre a base do CINA situada na Ladeira e O Chazo, onde se realizan as clases teóricas, e a praia da Retorta, onde se levan a cabo as prácticas de navegación.
Para acceder aos cursos en calidade de becados, as persoas interesadas teñen que estar empadroadas en Boiro, ser maiores de idade e saber nadar. A beca inclúe a formación e as comidas e as persoas participantes so terán que aboar os gastos da licencia federativa obrigatoria e a alta como socios/as do CINA.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos de vela do CINA deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Boiro de xeito presencial na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25. Máis
información tamén no CINA, no teléfono 912 951 614.

CINA