“Vacinas para todos”. Antón Luaces

22 Abril 2021

​

Agora. Todos están de acordo: Xunta e Goberno central coidan que é necesario comezar “en breve” a vacinación dos máis de 30.000 mariñeiros residentes en Galicia. Esta vacinación vai levarse a cabo en base aos datos que constan nos arquivos do Instituto Social da Mariña (ISM). 
 A vacinación fora solicitada vai tempo e con insistencia por organizacións e asociacións como a Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, a patronal do sector pesqueiro CEPESCA e a asociación de titulados náutico-pesqueiros AETINAPE, entre outras, pero sen resultado positivo. Houbo que espelir ese sempre renqueante corpo dormido das administracións central e autonómica para chegar, finalmente, a unha decisión que debeu ser tomada moito antes.
O acordo entre a Consellería do Mar da Xunta e o Ministerio de Agricultura e Pesca ven de producirse após a decisión do goberno basco de proceder á vacinación dos seus pescadores de baixura, altura e gran altura que, en moitos casos, comparten a bordo dos mesmos barcos tarefas con mariñeiros de Galicia. Vacinaron aos seus, aos bascos,  e os galegos viron como as agullas pasaban ao seu carón, pero sen vacinalos. No mesmo barco, tripulantes coa vacina inoculada e mariñeiros galegos a velas vir. A isto se chama atención, correspondencia e interese, e non é dos bascos exclusivamente a culpa. De Galicia e de Madrid non saiu iniciativa algunha neste senso.
“En breve”, dixo a conselleira Rosa Quintana. E o dito ecoou dende Sagres ao Roncudo. Vacinación para “todos” os mariños, dixo tamén mentres brincaban as pescadas do norte e os atúns do sureste. Para eles, a xente de mar, vacinas da Janssen porque é monodose e “moito máis eficaz” (cando a eficacia debeu comezar ao mesmo tempo que comezou a vacinación para os de terra). É a vacina para uns profisionais  que, sabido é, sabido era, teñen todas as dificultades do mundo para retornar a terra e recibir aquí unha segunda dose.Comezarán a vacinar aos tripulantes da frota de altura e gran altura, que pasan fora da casa moito tempo. O mesmo acontece cos mariños mercantes. E despois irán os tripulantes da frota de baixura.
Tarde, sí; pero a tempo aínda e malia que entre os mariñeiros galegos xa houbera casos de infectados polo coronavirus, algúns deles a moitas millas de distancia da súa terra.Pero chega a vacina. Que sexa para ben de todos.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.