Volve o autocine a Ribeira este domingo cunha nova proxección de María Solinha

20 Marzo 2021

Ribeira non pechou na semana do 8 de marzo as actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller e, de feito, este domingo celébrase unha nova actividade encadrada nesta importante reivindicación. Estamos a falar da segunda proxección, en formato autocine, da película María Solinha de Ignacio Vilar, ás 19.30 horas no aparcadoiro fronte ao CIFP Coroso (a primeira proxección foi o venres 12 de marzo).

A iniciativa, alén da orixinalidade intrínseca de ser unha proxección segura á que se pode acudir no vehículo de cada quen, vén co engadido extra de brindar ao público a oportunidade de degustar menús preparados en tres establecementos hostaleiros locais: Furancho Galician Food, Restaurante O Paseo e Restaurante D’Vicio.
As entradas para ver o filme (de balde) pódense reservar en www.autocine.gal en tanto que os menús pódense pedir con antelación nos referidos establecementos e recoller no propio recinto (excepto no caso de O Paseo, que está situado moi próximo ao lugar elixido para a proxección). As portas abriranse arredor das 18.30 horas.

Trátase dunha actividade cultural e de reivindicación hostaleira de Autocine.gal e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.