Volve o Autocine a Ribeira con María Solinha polo Día da Muller

09 Marzo 2021

O Aparcadoiro do CIFP Coroso e a Praza Estudantes acollerá este venres 12 de marzo, ás 19:30 horas, a largometraxe María Solinha, que está enmarcado polo Concello de Ribeira nos actos arredor do Día da Muller. A filme será estreada en Ribeira en formato Autocine a través da produtora de cinema Vía Láctea Filmes.
O evento contará coa asistencia do director do filme, Ignacio Vilar, que acudirá á estrea para facer unha presentación previa da mesma. María Solinha trata a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición, cun relato que se move entre o século XII e XXI. María Solinha foi unha figura visionaria cun anhelo de liberade que a converteu en icona feminista, un feito que Grial Montes e Laura Míguez protagonizarán a través da pantalla.
Tódolos interesados en acudir ao espectáculo poderán facelo formulando a súa reserva gratuíta ata encher o aforo a través de www.autocine.gal

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.