Novo vertido incontrolado en Porto do Son, desta volta en Seráns

01 Marzo 2021

A loita contra os vertedoiros incontrolados en Porto do Son proseguiu este días, coa localización e denuncia de novas prácticas incívicas en espazos naturais ou en espazos non habilitados para o depósito de refugallos de toda índole, mesmo contaminantes. Se os días pasados falamos dun grave caso de material eléctrico e electrónico amoreado fóra dos contedores (malia que o seu sitio debera estar nos puntos limpos: do móbil, de cuxa localización informa o Concello cada pouco, ou do fixo), agora toca falar dun novo exemplo de nulo ou escaso respecto polo medio ambiente, a veciñanza e a paisaxe do Porto do Son.

Ocorreu en Seráns, onde Medio Ambiente do Concello deu conta dunha nova aparición de restos de obra, un novo caso de incivismo ambiental que vén cun triple agravante: primeiro, o feito de que Porto do Son conte cun eficaz servizo de recollida de lixo e enseres; segundo, que cada vez se conten con máis medios para localizar aos responsábeis dos vertidos (e máis se hai restos de obra de por medio); e terceiro que boa parte dos refugallos deixados no monte e nas cunetas son moi contamitantes.

Manel Deán, concelleiro de Medio Ambiente de Porto do Son declarou o seguinte respecto do novo caso de vertidos sen control: “A impotencia e sobre todo a decepción e o malestar que se senten nestes casos son inmensos. Dende a Concellería de Medio Ambiente non vamos a consentir un só acto coma este e imos loitar con todos os medios posibles contra os que atenten contra a nosa contorna”.

O Concello tamén insistiu en que está a poñer todo tipo de recursos a disposición dos veciños para evitar este tipo de situacións, e mesmo para facerlles o máis cómodo posíbel o feito de ter que desprenderse de refugallos e cascallos. Dende o Consistorio lembran que non só está operativo o punto limpo fixo senón tamén o punto limpo móbil con percorridos periódicos polas parroquias. En caso de dúbida pódese chamar ao teléfono 981 867 412 ou contactar co Concello a través das redes sociais. 💙💚

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...