Medio Ambiente do Son recolle novos cascallos que apareceron preto de varios contedores

17 Febreiro 2021

A Concellería de Medio Ambiente de Porto Son realizou onte unha nova recollida de aveños. Sen embargo, tivo que proceder de novo a retirar os cascallos que se atopaban arredor de varios contedores, incumprindo todas as normas para o correcto tratamento deste tipo de refugallos e co agravante de contar o Concello cun servizo móbil de recollida gratuíta de enseres de cuxo percorrido polas parroquias infórmase ao detalle nas redes e outras canles.

Nesta ocasión, a Policía Local puido localizar o autor do incivismo, polo que se procedeu á apertura dun expediente disciplinario para o home, que levará a súa consecuente sanción.

O conselleiro de Medio Ambiente, Manel Deán, sinalou que “van perseguir a todas as persoas que fagan este tipo de actos, xa que non permitirán que o incivismo dalgúns acabe co seu traballo de coidado do medio ambiente”.

Doutra banda, os interesados nos servizos de recollida poden consultar as súas dúbidas a través das redes sociais ou do seguinte teléfono: 981867412.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.