A incidencia acumulada de Boiro baixou esta fin de semana de 50

01 Marzo 2021

Este luns 1 de marzo o Concello de Boiro celebrou a acostumada xuntanza semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Segundo se constatou, a incidencia de casos acumulados continúa caendo, e, de feito, na fin de semana que vimos de deixar atrás conseguiuse que baixase dunha taxa de 50. Os casos acumulados nos últimos 14 días situáronse entre 1 e 9, segundo os datos de Sanidade. A Comisión tamén fixo balance das liñas abertas de traballo para paliar localmente as consecuencias da COVID e frear posíbeis contaxios.

· En primeiro lugar, o Concello lembrou que o departamento de Servizos Sociais segue a coordinar todas as necesidades derivadas desta situación de emerxencia, tales como necesidades de asistencia a familias confinadas con positivo para recollida de lixo ou entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade.

· Amais, coincidindo coa relaxación de medidas decretadas polas autoridades sanitarias, o Concello abriu tamén os parques infantís, as pistas e as instalacións deportivas ao aire libre. Retomouse tamén a actividade cultural e deportiva con asistencia de público e abríronse centros e instalacións municipais e as actividades que neles se celebran. Os operarios municipais de Protección Civil intensificaron a limpeza e desinfección dos parques infantís e mobiliario público.

· A Comisión tamén fixo saber que a Policía Local de Boiro intensificou a vixilancia para que se cumprisen as medidas e restricións decretadas para o control da situación epidemiolóxica. Durante a fin de semana interpuxéronse un total de 3 sancións por fumar na rúa sen manter a distancia de seguridade e os axentes tiveron que realizar varios avisos para evitar que se formasen aglomeracións, sobre todo en lugares como o paseo marítimo de Barraña, as pistas e A Negral ou a rúa peonil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...