Rematan en Boiro as obras de redes de servizo e pavimentado na Boliña

12 Febreiro 2021

O Concello de Boiro informou do remate das obras que se estaban a executar na estrada que une o núcleo da Boliña coa avenida da Constitución, dirixidas a dotar a zona de redes de servizo e facer melloras no pavimentado. A actuación, dun importe de 39.561’47 euros, executouse con cargo ao plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña.

Con estas actuación, que se levou a cabo nun tramo da estrada duns 185 metros lineais, ademais de mellorar a rede de pluviais e o abastecemento de auga potábel e renovar o pavimentado, dotouse a zona de espazo para peóns en ambas marxes da estrada e instalouse tamén un hidrante de incendios xa que na zona non había ningún preto.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.