O cribado realizado entre o persoal da Casa Consistorial de Boiro non detecta novos positivos

12 Febreiro 2021

Non se detectaron novos casos positivos no cribado realizado a todo o persoal traballador da Casa Consistorial de Boiro, polo que o número de afectados mantense en cinco persoas. O Concello confirmou que a atención ao público nas dependencias municipais retomarase o luns, pero recomendase a toda a veciñanza que priorice os trámites telefónicos ou telemáticos.

Todos os departamentos reiniciarán a actividade presencial do cincuenta por cento do persoal nas dependencias municipais e o outro cincuenta en teletraballo para “minimizar así os contactos e reducir as posibilidades de contaxio”, explicou o Concello, que engade que é recomendábel que todas as persoas que precisen facer trámites “empreguen os medios telemáticos ou telefónicos e que só acudan ás dependencias municipais en casos de urxencia e con cita previa”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.