No Son, ampliarase co POS+2021 o saneamento das parroquias e melloraranse rúas e infraestruturas

05 Febreiro 2021

En Porto do Son vanse acometer, a través das achegas da Deputación por medio do POS+2021 (Plan de Obras e Servizos), importantes proxectos que melloren as infraestruturas e os servizos do concello e, tamén, que contribúan a acelerar a recuperación unha vez que remate a situación crítica actual. Son un completo feixe de actuacións concretas a desenvolver en todos os recantos do termo municipal, por exemplo en Mantoño (Portosín), Esparrelle (Caamaño) ou Cans (Nebra), onde se destinarán ao saneamento 75.292 euros, 193.328 euros e 119.213 euros, respectivamente.

Tamén haberá traballos de pavimentado e pluviais en Camaño (93.000 euros) e iniciativas de humanización na contorna da igrexa de Baroña (152.059 euros) e na rúa Santa Irene, na vila do Son, cunha contía de 165.147 euros. Amais, acondicionarase a praia do Cruceiro, acometerase o inicio da rehabilitación do Outeiro Alto, ampliarase e optimizarase o parque infantil de Xuño, mellorarase a praza de Xerardo Díaz e incrementarase a rede de saneamento en Eiravedra e Beneso.

Previamente o Concello fixo saber que os 162.801 euros dispoñíbeis para gastos sociais e extraordinarios da COVID (Plan Único da Deputación) destinaríanse a iniciativas como reforzar o persoal adscrito aos servizos sociais, axudar ás familias na escolarización dos seus fillos e na adquisición de material informático, e, tamén, prestar servizo de atención a domicilio na modalidade de dependencia.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.