“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

02 Maio 2024

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliño
das Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixou
sen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos máis
vellos e á mocidade toda. Era dunha familia distinguida, de casa con nome e con historia nas
enciclopedias que había. Os seus irmáns eran cregos ben formados e as súas irmás tamén
sabían latín, aprenderano no convento, xa de pequeniñas.
El non, Manoliño, o máis novo, non quixo seguir naquel colexio dos xesuítas e levárono a
unha escola de alto grao de esixencia. Alí, naquela vila engurrada pola miseria, un dos seu
irmáns era o cura da parroquia principal, don Herminio, un home preparado, ben estudado,
atento e cumpridor sempre, na misa diaria, nos enterros, nos cabodanos e no catecismo
daquelas tardes soleadas ou de inverno, se tocaba. Á hora do catecismo, Manoliño xogaba
ás escondidas coa rapazada no adro da igrexa.
Ao pouco tempo, aquel neno, listo como un allo, intelixente, tan valente e moito máis
corpulento que os da súa idade, quería cambiar outra vez de escola, quería ir para unha
escola mixta, onde estaban os fillos e as fillas dos labregos pobres, daqueles tempos
difíciles. O irmán non quería cambialo e el foise da casa, marchou co posto e deixou na mesa
de comer unha nota longa e ben escrita, aclarando os seus desexos non comprendidos polo
crego que, inmediatamente, emprendeu a tarefa de atopar e recuperar ao irmán pequeno.
Don Herminio cruzaba as mans, aloumiñaba a súas propias meixelas, choraba e rezaba para
que volvera Manoliño. Sentábase na mesa e rezaba o rosario, ía para igrexa rezando e
rezaba diante de cada un dos altares, antes da porta de entrada e despois dela. Pedíalle a
Deus axuda para atopar vivo e salvo ao seu irmán, para que volvera e para que seguira tan
campante e cambialo de escola, como quería.
Necesítote, Manoliño! Volve e pídeme o que queiras! Unha tarde noite, o crego axeónllase
ao lado daquela mesa cuberta cun hule de cadros e cando ía na cuarta ou quinta pregaria
descobre que baixo da mesa estaba agachado Manoliño. -Non teño que volver, irmán. Estou
aquí e quero cambiar de escola. Efectivamente. A Tía Manuela, pensa que “puido ser unha
treta do pequeno”. Quen o sabe?
O rapaz, sen sabelo, parecía unha persoa versada en estratexia, un lanzado e espabilado
capaz de conseguir o que anhelaba, o que quería e aquilo que entendía que favorecía aos
seus intereses de neno malcriado. Cambiou de escola, pero os resultados académicos non
melloraron. Pola contra, empeorou en todo, tamén na convivencia ao lado do crego, cada
día máis tensa e máis difícil. Pasado algún tempo, marcho da casa. As augas desbordaron a
canle e don Herminio, avergoñado, deixou os hábitos, probablemente para sempre, aínda
que segue a vestir de negro.

Outros artigos

“Churros”. Xulio Xiz

Sei que as pesetas como moeda non existen desde hai máis de dùas décadas pero non poido, cuestión da idade, sustraerme de calcular equivalencias, e de asombrarme de ter pagado en festa romana 1.000 pesetas por unha ducia de churros. O churro era a unidade...

+

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...