O Concello de Boiro elimina barreiras en Barraña

20 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro compartiu novidades ao abeiro do seu traballo para suprimir as barreiras arquitectónicas que dificulten a circulación peonil en diversos puntos do municipio. En concreto, os operarios municipais están traballando estes dias por mellorar os accesos en todos os pasos de peóns da avenida de Barraña, que na actualidade, segundo lembra o Concello, presentaban complicacións de accesibilidade.

Os operarios municipais están dotando os pasos de peóns de ramplas de acceso ás beirarrúas dende a estrada para eliminar as dificultades a persoas con mobilidade reducida ou aqueles peóns que transitan co carros de bebé. A actuación responde a unha demanda veciñal e estase realizando nas beirarrúas de ambas marxes dende o cruce coa avenida da Constitución ata o campo de fútbol de Barraña.

Con esta actuación, engade o Concello, “estase a realizar unha mellora dos itinerarios peonís a través da adaptación das beirarrúas á normativa actual de accesibilidade, favorecendo o tránsito de persoas”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.