Cancelado temporalmente o mercado dos martes en Boiro

11 Decembro 2020

O Concello de Boiro cancela de xeito temporal o mercado que se celebra semanalmente os martes na avenida da Constitución como “medida de prevención de contaxios”. A decisión ten a súa orixe na situación epidemiolóxica actual no municipio, que ten un importante número de contaxios e positivos activos, o que levou ás autoridades sanitarias a declarar o nivel máximo de restricións.

O Concello de Boiro publicou este venres un decreto para a cancelación do mercado semanal dos martes, que ficará suspendido de xeito temporal a espera da evolución do número de contaxios e que a situación epidemiolóxica na que se atopa nestes momentos o municipio mellore. Unha vez o número de casos diminúa, comezarase a autorizar a colocación de postos de xeito progresivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...